Blogia
vgomez

A PENSAR

ENCRUCILLADO LVIII

VERTICAIS: 1. Cabo que se atopa no litoral asturiano no concello de Cudillero e próximo á poboación de Rega de Abaixo, na parroquia de Oviñana 2. Apelido da escritora pontevedresa, autora do libro de narrativa infantil, de 1992, Dúas bágoas por Máquina, co que gañou o Premio Merlín  5. Real Academia Española 8. Peixe da superorde dos teleósteos, do que existen varias especies, semellante ao linguado, aínda que máis pequeno e de inferior calidade.

HORIZONTAIS: 3. Segundo río máis longo dos Estados Unidos de América, que flúe do centro en dirección sur a través de dez estados ata desaguar no golfo de México (océano Atlántico), preto de Nova Orleáns 4. Arquipélago atlántico pertencente a Portugal, constituído como unha rexión ultraperiférica da Unión Europea 6. Denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao arco litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, que se corresponde co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum 7. Capital de Ghana 9. Un dos estados, que se atopa no interior do leste dos Estados Unidos, cuxa capital é Frankfort e a súa cidade máos poboada é Louisville 10. Utensilio de cociña metálico, de forma redonda, pouco fondo e con mango longo, no que se friten os alimentos.

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LVII

VERTICAIS: 2. Veleta 3. California 4. Creus 5. Alvedro 6. Mohicania 7. Victoria.

HORIZONTAIS: 1. Adival 4. Castañeta 8. Timanfaya 9. Zagreb.

Repaso de cultura xeral IX!

ENCRUCILLADO LVII

VERTICAIS: 2. Con 3.396 msnm, o terceiro cumio máis alto da Península Ibérica, situado na provincia de Granada e pertence a Serra Nevada, na cordilleira Penibética 3. Un dos estados que forman os Estados Unidos de América, cuxa capital é Sacramento 4. Cabo da costa catalá, o punto máis oriental da Península Ibérica, situado ao norte do golfo de Roses 5. Aeroporto da Coruña 6. Título do libro de poesía, do ano 1986, do escritor coruñés Manuel Rivas 7. É o segundo lago de auga doce máis grande da Terra, situado na zona centro-oriental de África.

HORIZONTAIS: 1. Corda longa e grosa que se usa para suxeitar a carga do carro ou dun remolque 4. Peixe mariño comestible, de corpo oval e comprimido lateralmente, de cor gris escura no lombo e prateada nos costados e no ventre e con nome científico Brama brama 8. Parque Nacional que se atopa nos municipios de Yaiza e Tinajo na illa de Lanzarote (Illas Canarias) 9. Capital e cidade máis poboada de Croacia.

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LVI

VERTICAIS: 2. Alentexo 3. Monfragüe 5. RAG 9. Testo.

HORIZONTAIS: 1. Maruca 4. Peinador 6. Moncayo 7. Rapazas 8. Yangtsé 10. Doha.

Repaso de cultura xeral VIII!

ENCRUCILLADO LVI

VERTICAIS: 2. rexión portuguesa que comprende integramente os distritos de Portalegre, Évora e Beja, e as metades sur dos distritos de Setúbal e de Santarém 3. Parque Nacional que se atopa na provincia de Cáceres e que goza destra protección dende 1979 5. Real Academia Galega 9. Tapa de potas, tarteiras e outros recipientes similares.

HORIZONTAIS: 1. Peixe da familia dos gádidos de ata dous metros de lonxitude, barbas na queixada inferior e cor acastañada no dorso e abrancazada no ventre, e con mome científico Molva molva 4. Nome do aeroporto de Vigo 6. Cima máis elevada do Sistema Ibérico, con 2.314,3 m.s.n.m. e tamén coñecido como monte de San miguel 7. Obra de narrativa xuvenil, de 1993, do escritor vilabés Agustín Fernández Paz 8. Río máis longo de Asia e o terceiro do mundo, cunha lonxitude de aproximadamente 6300 km, que nace na Meseta Tibetana  na provincia de Qinghai e desemboca no Mar da Chinesa Oriental 10. Capital de Catar, país situado nunha pequena península no golfo Pérsico.

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LV

VERTICAIS: 1. Nauru 4. Alvariño 6. Chavella 7. OEA.

HORIZONTAIS: 2. Kabul 3. Veracruz 5. Hermerico 8. Tenerife 9. Leu 10. Támega.

Repaso de Cultura Xeral VII!

ENCRUCILLADO LV

VERTICAIS: 1. País máis pequeno de Oceanía, con 23,1 km2 4. Segundo apelido, polo que é normalmente coñecido, do escritor lucense autor do poemario Corazón ao vento 6. Peza estreita de madeira que, colocada nun furado que hai na parte anterior da cabezalla do carro ou do arado, serve para suxeitar esta ao xugo 7. Siglas da Organización dos Estados Americanos.

HORIZONTAIS: 2. Capital e cidade máis poboada de Afganistán (república Islámica de Afganistán) 3. Nome da igrexa, ubicada en Carballiño (Ourense), proxectada polo arquitecto Antonio Palacios Ramilo, que non chegou a rematar  5. Primeiro rei do reino suevo de Galicia, gobernando dende o 409 até o seu retiro no ano 438 8. Nome da illa canaria onde se atopa o Teide, un volcán situado a unha altitude de 3.718​ metros sobre o nivel do mar 9. Moneda oficial de Rumanía 10. Río galego, que é afluente pola direita do Douro.

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LIV

VERTICAIS: 2. Asunción 3. Fonsagrada 6. Gata 8. Sargo.

HORIZONTAIS: 1. Arxelia 4. Cunqueiro 5. Baikal 7. Pataca 9. Aranoia 10. OCDE.

Repaso de Cultura Xeral VI!