Blogia
vgomez

CAMIÑO DE SANTIAGO

VACACIÓNS PEREGRINAS

VACACIÓNS PEREGRINAS

Xubi, mascota do Xacobeo 2010

Este ano é ANO XACOBEO, o que implica que moitos tedes en mente, se xa non o fixestes, realizar o Camiño de Santiago completo ou polo menos as últimas etapas.

É un opción: VACACIÓNS PEREGRINAS. Seguro que quedaredes fascinados polo camiño, a súa xente, os lugares, os compañeir@s... É unha opción moi recomendable. Alá polo mes de maio, na ponte das Letras Galegas, viaxei ata Bilbao. Polo camiño, vin ringleiras de peregrinos, que xa dende moi cedo seguían o itinerario á Compostela.

Pero facer o camiño leva consigo: documentarse antes de saír da casa, realizar un adestramento físico axeitado, cargar o indispensable e alimentarse ben durante a peregrinación. Para axudarche a facer esta preparación previa pincha en Consellos para facer o Camiño de Santiago  que publicou a Revista Consumer.

Espero que che resulte útil, e Boa Viaxe!

XUBI

XUBI

Xubi é o nome da mascota do Camiño de Santiago neste Ano Xacobeo 2010.

Persoaxe azul e verde que simboliza a cabaza e o bastón do peregrino, ataviado cunha zapatillas brancas e vermellas, é a nova mascota relixiosa deste ano Xacobeo e, por extensión, do Camino de Santiago.

O ideólogo da figura é Alberte Permuy (Barallobre-A Coruña, 1955). Deseñador que conta con máis de 25 anos de experiencia no mundo do deseño gráfico.

O CAMIÑO DE SANTIAGO: A LENDA DA TUMBA.

O CAMIÑO DE SANTIAGO: A LENDA DA TUMBA.

Despois da morte do apóstolo Santiago, por decapitación no ano 44 da nosa era, os discípulos de Santiago, Atanasio e Teodoro, meteron o seu corpo nun sarcófago de mármore, e este nunha barca, tendo por único timomel a Deus.  A embarcación surcou o mar ata Gallaecia e remontou o río Ulla ata chegar a Iria Flavia.

Alí, segue a contar a lenda, os discípulos chegaron ante unha gran matrona da época, habitante dun castro, chamada Lupa, para pedirlle un anaco de terra para soterrar ao seu mestre. A raíña Lupa finxíu entender o pedido e dixo: "Collede os bois que teño naquela montaña, xunguilos ao meu carro, traede o corpo do voso mestre e construíde a tumba no sitio que queirades". A raíña sabía que non  eran bois, senón touros bravos que atacarían. Os discípulos foron á montaña e atoparon un dragón que os atacou. Eles fixeron a sinal da cruz e o dragón patíuse en dúas metades. Viñeron despois os touros bravos, coa intención de atacalos, pero volvendo facer a sinal da cruz, volvéronse mansos. Antes de marchar da montaña puxéronlle por nome a aquel lugar Pico Sacro. Ao comtemplar Lupa a morte do dragón e ver mansos aos touros creeu na misión relixiosa daqueles homes e o misterio que o corpo de Santiago encerraba. Decidíu enton concederlles o lugar para o enterramento. Puxeron o corpo sobre o carro, xunguiron os touros e deixaronos camiñar libremente. Andadas tres leguas os animais paráronse. Era o lugar asinado pola raíña Lupa. Este lugar recibíu o nome de  "Liberum domun" ou Libredón. A raíña Lupa convertíuse ao catolicismo.

Pero a súa tumba foi olvidada ata que, no ano 813, o ermitán Pelaio víu un resplandor no  campo, no lugar onde se atopaba a tumba do Apóstolo. Iluminouse co resplandor  dunha estrela, feito do que derivou o nome de Campus Stellae (Compostela). Pelaio avisou ao obispo de Iria Flavia, Teodomiro, que destapou o sarcófago. Na lápida había unha inscripción que indicaba quen se atopaba alí enterrado. O obispo confirmou, tras algunhas investigacións, que verdadeiramente se trataba do Apóstolo Santiago. Informaron do feito ao rei Alfonso II, que acudíu ao lugar e proclamou ao Apóstolo Patrón do Reino, e construíuse alí un santuario. Hoxe é a catedral de Santiago de Compostela.

O CAMIÑO DE SANTIAGO: A ORIXE

O CAMIÑO DE SANTIAGO: A ORIXE

A tradición dinos que Santiago (XacoboSantiago o Maior ou Santiago o do Zebedeo) foi o apóstolo que predicaría nas terras máis afastadas de entre as coñecidas, o límite occidental. En Palestina, Herodes Agripa condénao a morte por decapitación no ano 44 da nosa era.

Seguindo coa tradición xacobea, dous dos discípulos de Santiago, Atanasio e Teodoro, recolleron o seu corpo e a súa cabeza, e trasladáronos ata Galicia, arribando a súa embarcación a Iria Flavia despois de sete días de navegación. Tras varias vicisitudes é soterrado nun bosque coñecido como Libredón.

Tras oito séculos esquecida, a tumba de Santiago foi atopada por un ermitán, de nome Paio, entre o ano 820 e 830, no citado bosque na diocese de Iria Flavia, a máis occidental do Reino de Asturias. O feito foi verificado polo bispo Teodomiro, quen o puxo en coñecemento do rei Afonso II; este acode rapidamente desde Oviedo para visitar o lugar e constatar a milagrosa revelación, polo que é o primeiro peregrino no locus sanctus. O primeiro documento escrito que se conserva sobre o descubrimento é a Concordia de Antealtares de 1077. O achado da tumba xacobea e a difusión do culto ao Apóstolo fortalece a Igrexa ástur, acabada de instaurar, así como as pretensións políticas da monarquía, fronte aos ataques islámicos e ao expansionismo carolinxio. O santuario pasa a ser capital diocesana en prexuízo de Iria Flavia.

Por orde de Afonso II edificouse unha modesta igrexa sobre a tumba dedicada ao culto a Santiago. A segunda basílica apostólica que a monarquía levantou en Compostela foi consagrada por Afonso III no ano 899.

O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago o Maior inicia inmediatamente unha gran corrente de peregrinación cara ao lugar da súa localización, convertendo o pequeno locus Sancti Iacobi nun centro relixioso e cultural de resonancia occidental, dando orixe á cidade de Santiago de Compostela e mantendo viva na actualidade a súa extraordinaria capacidade de convocatoria.

Para conseguir unha maior profundidade sobre o tema da orixe pincha na Fonte:Historia do Camiño | Xacobeo 2010 Blog