Blogia
vgomez

COMUNICADOS

CHARLAS: ACOSO ESCOLAR E INTERNET

CHARLAS: ACOSO ESCOLAR E INTERNET

O día 28 de xaneiro terán lugar,no noso IES, as charlas informativas que forman parte do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR,  proposto pola Consellería  de Educación e da Garda Civil de Pontevedra.

Abordaranse dous temas que preocupan especialmente na actualidade, por unha parte o problema do ACOSO ESCOLAR e por outra INTERNET E OS PROBLEMAS DERIVADOS DO SEU MAL USO.

O horario desta actividade será de 9,10 a 11,05, para os alumnos de 1º e 2º de ESO e de3  11,05 a 13,10 para 3º e 4º de ESO e PCPI.

A partir das sete e media da tarde trataranse os mesmos temas pero dirixidos a pais, nais e profesorado. Poderán asistir as persoas que o desexen. Esta última parte da actividade está aberta tamén para as familias do alumnado dos demais centros educativos da vila.

Todas estas charlas serán  impartidas por persoal especializado da Garda Civil e son organizadas polo Grupo de Dinamización da Convivencia e a Dirección do noso IES, sendo o segundo ano que se leva a cabo.

Lembra que neste blog tes un enlace sobre o tema de acoso escolar ANTI-BULLYNG ou ben pinchando en http://www.acosoescolar.info/index.htm

PROBAS ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

PROBAS ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

No DOGA do pasado venres 15 sae publicada a Resolución do 11 de xaneiro de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de xeito ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Se estás interesado-a pincha en DOGA 15-01-2010 para obter toda a información.

EXPOSICIÓN: BOLBORETA MONARCA

EXPOSICIÓN: BOLBORETA MONARCA

Bolboreta Monarca (Danaus plexippus) / Cubfotoméxico.org

Durante 15 días, no Salón de Actos dos noso IES, e en horario libre de 11,55 a 12,20 (recreo grande) e restrinxido, a grupos acompañados polo seu profesor-a do Departamento de Bioloxía-Xeoloxía, está aberto a exposición A BOLBORETA MONARCA.

Un dos fenómenos mais abraiantes que nos ofrece a natureza galega, é unha visitante de alén do Atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña.

A chegada a Galicia desta bolboreta, espertou unha interesante iniciativa por parte do seu descubridor, o lepidopterólogo galego Eliseo H. Fernández Vidal, para poder obter máis datos sobre o arribo desta especie ás nosas costas: a Operación Monarca.

Este proxecto ten como obxectivo que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Ademáis, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo e a súa conservación.

Esta exposición conta de 5 paneis, 8 láminas e un DVD. Así mesmo está acompañado dun dossier informativo ao que podedes acceder pinchando en DOSSIER-OPERACIÓN MONARCA.

Esta exposición está organizada pola A21EG coa participación do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), con motivo da celebración do 2010: ANO INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE.

ESTAMOS DE VOLTA

ESTAMOS DE VOLTA

Bueno, estamos de volta. Todo o bo... remata. Despois de que o venres se celebrase o Día do Ensino, remata o periodo de vacación e toca voltar a clases.

Este segundo trimestre levaranos ata  a entrega de notas, ala polo día 26 de marzo (venres), día que escomenzarán as vacacións de Semana Santa. Un trimestre completo que conta cunha pequena paréntese, o Entroido, que se celebrarán o 15 (luns), 16 (martes) e 17 (mércores) de febreiro. Tamén unha pequena ponte, ao coincidir o 19 de marzo (San Xosé) en venres.

En canto ao traballo, é un trimestre fundamental, tanto para espectativas de afianzar xuño como para consolidacións de vir en setembro. Hai que aplicarse, polo tanto.

Bo trimestre a todos-as!

VACACIÓNS!!!

VACACIÓNS!!!

Por fin chegaron as VACACIÓNS. Despois dun duro trimestre chegou a hora de descansar. Será ata o día 11 de xaneiro de 2010 (luns), no ano próximo.

Desexo que os resultados académico acompañasen. Espero que cargemos pilas para escomenzar, con gañas, o segundo trimestre, moi importante no curso.

Dende aquí deséxovos os mellores desexos para que pasedes un BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2010.

Un saúdo para todos.

VÍCTOR

 

CONCURSO: QUE É O REI PARA TI?

CONCURSO: QUE É O REI PARA TI?

A Fundación Institucional Española (FIES) convoca o concurso ¿Que és un Rey para ti?

Neste concurso podedes participar, entre outros, os alumnos-as de 1º e 2º de ESO. Os traballos serán individuais e poderán presentarse en calquera formato, sempre e cando as dimensións non superen un tamaño de 60X60cm, cun peso non superior a 5 quilos.

O tema do traballo será a figura da S.M. El Rei e/ou o papel da Coroa en España.

Os traballos enviaranse  a FIES- Gran Vía, 16-4º Esquerda 28013 MADRID. O prazo remata o 15 de febreiro de 2010.

Se estás interesado consulta as bases pinchando en BASES EN GALEGO

COMUNICADO URXENTE: SUSPENSIÓN DE CLASES

COMUNICADO URXENTE: SUSPENSIÓN DE CLASES

Ás 14:36 horas de hoxe recibín o seguinte correo electrónico, procedente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

 

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 decembro 2009


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.

Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións  en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.


Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DÍA DA BIBLIOTECA: CINE

DÍA DA BIBLIOTECA: CINE

Con motivo da celebración do DÍA DA BIBLIOTECA, o noso Concello organiza diversos actos, entre eles a proxección da película "Blade Runner".

LUGAR: Salón de actos do Centro Cultural

DÍA E HORA: Venres, 30 de outubro ás 21:30 horas

ARGUMENTO: Rick Deckard, experto no manexo de androides, recibe o encargo de destruír a seis androides rebeldes. Así comeza un alucinante pesadelo tecnolóxico, unha obra mestra que pon en cuestión o que significa ser humano. Película dirixida por Ridley Scott, baseada no relato ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, de Philip K. Dick.

Actividade interesante e gratuíta.