Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: ‘Valla’ é o unha forma do verbo valer!

Esther, refréscanos a memoria do tratado hai uns días onde dicía que "valla" ten outros significados!

#DígochoEu

CANTO SABES DE HUNGRÍA? XI

Continúo coa serie adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.

A contestación correcta á pregunta de onte é Kékes. Con 1.015 m de altura constitúe a maior elevación de Hungría. Forma parte dos Montes Mátra, un cordal meridional dos Cárpatos, que se ergue na zona setentrional de Hungría, no condado de Heves (Heves megye), a nordeste da capital, Budapest.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Xa dixemos que Budapest é a capital e a cidade máis poboada de Hungría con 1.671.004 habitantes. Cal é a segunda cidade en poboación?

- Miskolc

- Szaged

- Debrecen

- Pécs

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: exteriores.gob.es      Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE HUNGRÍA? X

Continúo coa serir adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.

A contestación correcta á pregunta de onte é Balatón. É o maior lago da Europa Central, cunha superficie de 592 km². O seu longo é de 77 km e a súa anchura varía de 4 a 14 km. A superficie do lago sitúase a 104 m por riba do nivel do mar, e a súa profundidade chega a 11 m (profundidade media 3,2 m). Como Hungría non ten costa marítima, o lago Balaton é ás veces chamado "Lago Húngaro". O río Zala fornece a maior cantidade de auga ao lago, e o canal Sió prové a saída de auga cando é necesario.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o punto máis alto de Hungría?

- Kékes

- Somló

- Naszály

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non confundas ‘picar’ con ‘pinchar’

Non confundas ‘picar’ con ‘pinchar’. Esther explícanos as diferencias!

#DígochoEu

CANTO SABES DE HUNGRÍA? IX

Continúo coa serir adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.

A contestación correcta á pregunta de onte é Tisza. Ou tamén Tisa é un dos maiores ríos de Europa central. O Tisza nace na Ucraína, e transcorre polas fronteiras da Romanía, e a fronteira entre Hungría e Eslovaquia, ata a súa unión co Danubio na rexión de Voivodina, en Serbia. En Hungría percorre 597 km. O segundo río é o Danubio que percorre 417 km en Hungría.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cal é o maior lago de Hungría?

- Hévíz

- Balatón

- Tözeges

 

Maña a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org  

#DígochoEu Os #cibercarrachos compran datos filtrados confidenciais… Picará Esther?

😈 Os #cibercarrachos seguen facendo das súas. Moito coidado!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *valla

Non digas *valla. Esther explícanos a alternativa coas súas acepcións!

#DígochoEu

CANTO SABES DE HUNGRÍA? VIII

Continúo coa serir adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.

A contestación correcta á pregunta de onte é 7 rexións e 20 condados. A saber:

-Hungría Setentrional: Borsod-Abaúj-Zemplén, Heves e Nógrád.

-Gran Chaira Setentrional: Hajdú-Bihar, Jász-Nagykun-Szolnok e Szabolcs-Szatmár-Bereg.

-Gran Chaira Meridional: Bács-Kiskun, Békés e Csongrád.

-Hungría Central: Pest e a capital, Budapest.

-Transdanubio Central: Komárom-Esztergom, Fejér e Veszprém.

-Transdanubio Occidental: Győr-Moson-Sopron, Vas e Zala.

-Transdanubio Meridional: Baranya, Somogy e Tolna.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o maior río aue pasa por Hungría?

- Tisza

- Danubio

- Criș

Maña a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes:  es.wikipedia.org