Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE HUNGRÍA? VII

Continúo coa serir adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.

A contestación correcta á pregunta de onte é Budapest. É a capital de Hungría e o seu principal centro industrial, comercial e de transportes. É a sétima cidade en tamaño da Unión Europea e unha extensión de 252 km2.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Hungría subdividese administrativamente en rexións e condados. Cantas rexións e condados hai?

- 7 rexións e 20 condados

- 8 rexións e 19 condados

- 20 rexións e  19 condados

Maña a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org 

#DígochoEu: Non digas *pandilla

*Pandilla é incorrecto en galego. Esther danos as alternativas!

DígochoEu

CANTO SABES DE HUNGRÍA? IV

Continúo coa serir adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central. 

A contestación correcta á pregunta de onte é 90.000 km2. Exactamente 93.025 km2. Para que te fagas unha idea comparativa, Portugal ten 92.212 km2 e España 506.030 km2 (máis de 5 veces).
 

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é a poboación, aproximada, de Hungría? 

- 7,5 millóns de habitantes

- 8,5 millóns de habitantes

- 9,5 millóns de habitantes

- 10,5 millóns de habitantes

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: mapamundial.co e freepik.es

CANTO SABES DE HUNGRÍA? V

Continúo coa serir adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.

A contestación correcta á pregunta de onte é 9,5 millones de habitantes. Exactamente 9.584.627 habitantes, atopándose na posición 96 da táboa de poboación, composta por 196 países, tendo unha densidade de poboación de 103 habitantes por Km2.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a forma de Goberno de Hungría?

- Monarquía

- República Popular

- Democracia Liberal Parlamentaria

- Ditadura

Maña a solución e una nova proposta!

FONTE: datosmacro.expansión.com e es.wikipedia.org   Imaxes: datosmundial.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE HUNGRÍA? VI

Continúo coa serir adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.

A contestación correcta á pregunta de onte é Democracia Liberal Parlamentaria. A constitución húngara en vigor ata 2011 foi adoptada en 1949, e foi modificada en diversas ocasións, a última o 23 de outubro de 1989, cando se proclamou a República en lugar da República Popular existente ata entón. O 18 de abril de 2011 o Parlamento aprobou unha nova constitución.​ Na actualidade, Hungría defínese como unha democracia liberal parlamentaria, na que a autoridade reside no pobo e a práctica do goberno realízase dentro do marco dun estado de dereito. Máis recentemente, en 2019, a evolución durante o goberno de Viktor Orbán fixo merecedor ao sistema político húngaro da súa cualificación como exemplo de «autocracia​ competitiva» por parte de Lucan Ahmad Way e Steven Levitsky, desenvolvedores do concepto de réxime autoritario competitivo.​ O órgano supremo do poder é o parlamento, (Országgyűlés). De acordo con a constitución, cada catro anos teñen lugar eleccións ao parlamento para elixir os 199 deputados segundo un sistema mixto; 106 escanos son elixidos en distritos electorais individuais e 93 segundo os votos conseguidos polas listas elaboradas polos partidos. O presidente da República é elixido cada cinco anos polo parlamento. O seu papel é máis ben representativo. Desde o 5 de marzo de 2024 o presidente é Tamás Sulyok. O primeiro ministro é Viktor Orbán desde o 29 de maio de 2010.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é a capital de Hungría?

- Szegred

- Pécs

- Debrecen

- Budapest

Maña a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org  

CANTO SABES DE HUNGRÍA? III

Continúo coa serir adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. A saber...

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a extensión, aproximada, de Hungría?

- 80.000 km2

- 90.000 km2

-100.000km2

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org e ecured.cu

CANTO SABES DE HUNGRÍA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central. 

A contestación correcta á pregunta de onte é... Limita ao norte con Eslovaquia; ao nordeste e ao leste con Ucraína e Rumania; ao sur con Serbia e Croacia; ao oeste con Eslovenia e Austria.
 

E imos coa pregunta de hoxe!

 

2. Cal é a bandeira de Hungría?

- 1

- 2

- 3 

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: ekamagyar.blogspot.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE HUNGRÍA?

Hungría é un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Atópase na chaira panónica, que é unha gran chaira da Europa Central orixinada tras o desecamento durante o Plioceno do Mar Panonio.  

Se queres coñecer máis cousas deste país, séguenos diariamente. Anímaste? Pois alá imos!

1. Hungría limita con Austria, Romanía, Serbia, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia e Ucraína. Coloca estes países nos límites N, S, L e O.

 Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.123rf.com e es.wikipedia.org