Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE HUNGRÍA?

Hungría é un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Atópase na chaira panónica, que é unha gran chaira da Europa Central orixinada tras o desecamento durante o Plioceno do Mar Panonio.  

Se queres coñecer máis cousas deste país, séguenos diariamente. Anímaste? Pois alá imos!

1. Hungría limita con Austria, Romanía, Serbia, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia e Ucraína. Coloca estes países nos límites N, S, L e O.

 Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.123rf.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: RecordámosCHE e o truco definitivo para que non TE confundas co ‘te’ e o ‘che’

Aquí tes o TRUCO paradiferenciar TE e CHE!

#DígochoEu

#DígochoEu: Ollo coas estafas dos #cibercarrachos nas apps de compravenda!

Moito coidado coas apps de compravenda. Seguridade!

#DígochoEu

#DígochoEu: Aprende a facer a cama en galego!

Pero será posible? Que teña que vir Esther ensinarvos a facer a cama? Vena,tomade nota!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *rácano nin *tacaño

En galego temos unha manchea de formas para insultar a alguen sen necesidade de charalle *rácano nin *tacaño! E *racanear tampouco vale, claro!

#DígochoEu

#DígochoEu Non digas *xoven

En Xove non hai xente *xoven! Se non, que llo pregunten a Roberto Vilar, que é de Xove! Nin *xoven, nin *xóvenes, nin *xovens, nin nada que se lle pareza!

#DígochoEu

#DígochoEu 'Se non' ou 'senón'?

Sabes cando usamos ’se non’ e cando ’senón’? Repasámolo de forma rapidiña!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non confundas máis e mais

Hoxe, coa axuda de Cupido, repasamos e resolvemos as dúbidas que pode haber sobre a ’máis’ e ’mais’.

#DígochoEu