Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *gracias

Imos hoxe cun asunto de máxima actualidade e que xera tamén certa controversia. E ti que opinas?

#DígochoEu

CANTO SABES DE CAMERÚN? IX

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ossa. Este lago atópase situado ao sur de Camerún, a 16 km de Edéa. Ten unha extensión de 46 Km² e está rodeado por bosque de ribeira de escasa extensión. Hai lagos máis grandes pero non están íntegramente en Camerún, como o lago Chad, Fianga.

E imos coa pregunta de hoxe! 

9. Camerún esta dividida terrirorialmente en rexións. Cantas son?

- 5

- 7

- 10

- 12

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: travel.sygic.com/es e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *estrujar

*Estrujar non é correcto en galego, pero temos unha chea de palabras para dicilo correctamente!

#DígochoEu

CANTO SABES DE CAMERÚN? VIII

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é Sagana. E o río máis importante de Camerún. Nace na meseta de Adamawa, na rexión Adamawa, en concreto no monte de Adamaoua, onde leva o nome de Djerem, ata que recibe pola esquerda as augas do seu primeiro afluente de importancia, o río Lom. Neste primeiro tramo o río está represado no lago de Mbakaou. Finalmente, tras atravesar o país en dirección suroeste, desemboca no Atlántico preto de Douala, no golfo de Biafra, despois de percorrer 918 km. O seu principal afluente, pola marxe derita, é o río Mbam, cunha lonxitude de 425 km. 

 

E imos coa pregunta de hoxe! 

8. Cal é o lago máis grande de Camerún?

- Ossa

- Nyos

- Monoun

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org  

#DígochoEu: Sufriches un ataque dos #cibercarrachos? 😈 Tranquilidade, que sempre hai unha axuda!

Atención como actuar se sufriche un ataque dos #cibercarrachos 😈!

Sempre denunciar: Garda Civil (062), Policia Nacional (091) ou Incibe (017).

#DígochoEu

CANTO SABES DE CAMERÚN? VII

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é Monte Camerún. Tamén chamado Fako e Mongo ma Ndemi ("monte da grandeza") é un volcán activo, sito na provincia do Suroeste no Camerún. A súa altura acada os 4.095 metros sobre o nivel do mar. É o cume máis elevado do país e da África Occidental subsahariana. 

 

E imos coa pregunta de hoxe! 

7. Cal é o río mais grande que discorre intregramente por Camerún?

- Logone

- Benue

- Sanaga

- Nyong

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: fpopulationpyramid.net/es e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE CAMERÚN? VI

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é 28 millóns. Exactamente 28.647.292 habitantes. A modo comparativo, ten una poboación similar á de Costa do Marfil (28.873.030) e  case a metade do noso país (48.692.804)

 

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é o punto máis alto de Camerún?

- Monte Oku

- Monte Alantika

- Monte Camerún

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: fpopulationpyramid.net/es e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a distinguir entre 'fora' e 'fóra'

Aquí tes o truco para diferenciar fóra e fora!

#DígochoEu