CANTO SABES DE CAMERÚN? VIII
Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.
A contestación correcta á pregunta de onte é Sagana. E o río máis importante de Camerún. Nace na meseta de Adamawa, na rexión Adamawa, en concreto no monte de Adamaoua, onde leva o nome de Djerem, ata que recibe pola esquerda as augas do seu primeiro afluente de importancia, o río Lom. Neste primeiro tramo o río está represado no lago de Mbakaou. Finalmente, tras atravesar o país en dirección suroeste, desemboca no Atlántico preto de Douala, no golfo de Biafra, despois de percorrer 918 km. O seu principal afluente, pola marxe derita, é o río Mbam, cunha lonxitude de 425 km.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Cal é o lago máis grande de Camerún?
- Ossa
- Nyos
- Monoun
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios