Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? VII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.

A contestación correcta á pregunta de onte é Menos de 250 litros por metro cadrado. Considérase que por baixo desta cantidade de precipitación anual unha rexión tería unha aridez propia de clima desértico. Neste clima desértico raíña o proceso de evapotranspiración. Trátase da perda de humidade que está localizada nunha superficie debido á evaporación directa causada pola radiación solar e o aumento das temperaturas. A isto sumábaselle a pouca transpiración que existe da auga das plantas.

E imos coa pregunta para hoxe!

7. En que deserto foi medida a máxima temperatura do planeta?

- Sáhara

- Mojave

- Taklamakan

- Australia

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com e meteorologiaenred.com        Imaxe: volandovoyviajes.es

0 comentarios