CANTO SABES DE CAMERÚN? IX
Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.
A contestación correcta á pregunta de onte é Ossa. Este lago atópase situado ao sur de Camerún, a 16 km de Edéa. Ten unha extensión de 46 Km² e está rodeado por bosque de ribeira de escasa extensión. Hai lagos máis grandes pero non están íntegramente en Camerún, como o lago Chad, Fianga.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Camerún esta dividida terrirorialmente en rexións. Cantas son?
- 5
- 7
- 10
- 12
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: travel.sygic.com/es e es.wikipedia.org
0 comentarios