Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXIX

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Alexander Fleming. Nado na granxa Lochfield, preto de Darvel, en Ayrshire, Escocia, o 6 de agosto de 1881 e finado en Londres o 11 de marzo de 1955. Este científico británico é célebre por descubrir a proteína antimicrobiana chamada lisozima e mais o antibiótico penicilina obtido a partir do fungo Penicillium notatum (que tamén foi chamado Penicillium chrysogenum e hoxe Penicillium rubens). A súa descuberta da penicilina significou unha mudanza drástica para a medicina moderna, iniciando a chamada Era dos antibióticos.

E imos coa pregunta de hoxe!

29. Cantos anos durou a Guerra dos Cen Anos?

- 100

- 102

- 110

- 116

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios