Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS MORCEGOS? VI

Continúo coa serie adicada aos morcegos, a miúdo etiquetados como pragas chupadoras de sangue ou portadoras de patógenos potencialmente mortais, como os coronavirus, pero esa reputación oculta todas as cousas boas que fan, desempeñando un papel crucial en moitos ecosistemas ao polinizar plantas e cultivos, e regular as poboacións de insectos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mediante ecolocalización. Cabe dicir que, a pesar da crenza popular, os microquirópteros non son completamente cegos xa que moitos empregan a vista como complemento ao sistema de sónar ou ecolocalización do que se valen para comunicarse, orientarse e atrapar ás súas presas, ás veces en total escuridade. A ecolocalización é a capacidade dos morcegos e outros animais como os golfiños para orientarse en base os sons e o seu eco. Para iso emiten ondas sonoras pola súa boca ou nariz e cando estas impactan nun obxecto, producen ecos que os animais interpretan ao ser recibidas de volta.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. A ecolocalización, da que falamos hoxe, é tan efectiva que os morcegos poden detectar obxectos tan finos como un pelo humano en completa escuridade. Esta habilidade permítelles atopar con gran eficacia os mosquitos que forman gran parte das súas dietas. De feito os morcegos son grandes depredadores de mosquitos, os cales poden chegar a atrapar a razón de....

- 400 á hora

- 800 á hora

- 1.200 á hora

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es/naturaleza

0 comentarios