PEIXE TORTILLA?
Un pescador de Florida (EE.UU.) chamado Tom Bosworth estaba a pescar con dous amigos o 31 de marzo cando atrapou un peixe de aspecto estraño. Ao non saber de que se trataba, decidiu colocar recentemente a foto en redes sociais e agora, a Comisión de Conservación de Vida Silvestre e Pesca de Florida (FFWCC) confirmou que se trata dun peixe lima laranxa (aluterus schoepfil).
Antes de sacalo da auga, pensaba que pescara unha bolsa de plástico debido á cor esbrancuxada na auga. Está ben, sacarei o lixo hoxe, lembrou pensar. Unha vez que recolleu a pesca, deuse conta de que era un peixe branco cuberto de motas alaranxadas.
El e os seus compañeiros de pesca fixeron algunhas fotos e devolvérono á auga. O peixe medía aproximadamente 55 centímetros de longo.
O peixe laranxa non presenta só motas alaranxadas no seu corpo. Conta cunha gran variedade de cores e patróns, desde o gris oliva até ao laranxa, as cores brancas e de motas claras a patróns complexos, segundo o Museo de Florida. Estes peixes, que teñen unha boca bastante pequena, adoitan vivir en leitos de pastos mariños, onde se alimentan de algas e outro tipo de vexetación.
Non moi apetecibles para os humanos. Estes peixes teñen a pel dura e correúda e non posúen demasiada carne. De feito, pode ser ata tóxico, pois foi asociado a varios casos de ciguatera, unha intoxicación alimentaria provocada por comer peixe contaminado cunha toxina producida por uns microorganismos unicelulares que viven en detritus e en certas algas. O habitual, por tanto, é velos só nos acuarios.
FONTE: Srah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios