Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS MORCEGOS? VII

Continúo coa serie adicada aos morcegos, a miúdo etiquetados como pragas chupadoras de sangue ou portadoras de patógenos potencialmente mortais, como os coronavirus, pero esa reputación oculta todas as cousas boas que fan, desempeñando un papel crucial en moitos ecosistemas ao polinizar plantas e cultivos, e regular as poboacións de insectos.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1.200 á hora. A pesar da súa mala fama de animais nocturnos e transmisores de enfermidades, nada máis lonxe da realidade os morcegos son un dos mellores insecticidas creados pola natureza. Así, os morcegos a miúdo consomen cada noite o seu peso corporal en insectos, podendo chegar a atrapar ao redor duns 1.200 mosquitos por noite.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Pero para atrapar mosquitos con tan suma eficacia fai falta algo máis que un bo sistema de ecolocalización, polo que os quirópteros son tamén hábiles voadores. Sabes que velocidade pode chegar a alcanzar un morcego en pleno voo?

- 50 quilómetros por hora

- 100 quilómetros por hora

- 160 quilómetros por hora

Mañá a solución e unha nova pregunta

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es/naturaleza

0 comentarios