Blogia
vgomez

ILI PIKA: O PEQUENO MAMÍFERO CHINÉS

ILI PIKA: O PEQUENO MAMÍFERO CHINÉS

Este exemplar de Ili pika foi visto o pasado verán nas montañas chinesas de Tianshan / LI WEIDONG (NATIONAL GEOGRAPHIC)

O pequeno mamífero da imaxe con orelliñas redondas, cara de oso de peluche e mirada tenra chámase Ili pika e podería exintinguirse en calquera momento. Durante anos escondeuse nas montañas de Tianshan, ao noroeste de China, ata que en 1983 o científico Weidong Li atopouse cun exemplar por accidente. O ano pasado descubridor e descubrimento volvéronse ver outra vez por casualidade. O encontro foi breve, pero tras varios días de expedición xunto a outros expertos concluíron que só quedan uns 1.000 individuos desta especie, segundo recolle National Geographic.

A principios dos oitenta, o Goberno chinés enviou a Li, científico no Instituto de Ecoloxía e Xeografía de Xinjiang, ás montañas para que estudase os recursos naturais da zona. O investigador percorría a zona de Jilimalale cando viu unha pequena cabeza emerxer dunha das rochas. Ao achegarse foi incapaz de identificar ese pequeno animal, duns 20 centímetros. Atrapouno e levouno á Academia chinesa de Ciencias onde certificaron que se trataba dunha nova especie. Li viaxou en máis ocasións a esta rexión ata que en 1985 encontrou máis espécimes que remataron de confirmaron o descubrimento. Os Ili pika, tamén coñecidos como Ochotona iliensis, son pequenos mamíferos que viven en grandes elevacións montañosas (entre 2.800 e 4.100 metros de altura), alimentándose de herba. Pouco máis se sabe destes animais, dos que se avistaron só 29.

Nos noventa estimouse que a súa poboación estaba en torno aos 2.000 individuos, segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza. En 2008, esta mesma organización, incluíu estes animais na lista de perigo de extinción. Agora, tras a última viaxe de Li ás montañas, a estimación baixa aos 1.000 exemplares. O problema xa non é só o efecto do quentamento global - "Xa non viven nas zonas que adoitaban estar", apunta-, senón como explica o científico en CNN e National Geographic, "non" existe "un equipo de expertos estudando e protexendo a especie". O traballo deste defensor dos Ili Pika está financiado do seu peto e as doazóns ocasionais que recibe de institucións como World Wide Fund for Nature.

Á espera dos fondos, este animalillo conseguiu a atención dos medios. Dende que National Geographic publicara a imaxe do último Illi pika avistado por Li, xornalistas e internautas interesáronse por coñecer a súa historia. Ademais dos detalles científicos, novas teorías empezan a alongar a súa lenda. Algúns cren que se trata do inspirador do personaxe de Pikachu en Pokemon.

FONTE: Xornal El País/verne

0 comentarios