ILLAS ESPAÑOLAS MENOS COÑECIDAS IX
Continúo coa serie adicada a esas illas españolas "menos coñecidas", pero que tamén teñen o seu encanto.
Se onte falamos do Aquipélago Chinijo, hoxe tocalle a Illa de Cabrera.
9. Illa de Cabrera
Cabrera é a illa principal do arquipélago de Cabrera, que se atopa fronte á costa sur de Mallorca, nas illas Baleares. Administrativamente este arquipélago pertence ao termo municipal de Palma.
A presenza militar desde 1916 evitou que na zona producísese unha invasión turística, o que permitiu a conservación deste privilexiado ecosistema ata os nosos días, pertencendo desde o 29 de abril de 1991 ao Parque Nacional do Arquipélago de Cabrera, mediante a Lei 14/1991.
O único xeito de chegar ata Cabrera é en barco. Pero ao ser un Parque Nacional, o acceso está limitado a unha cantidade de embarcacións diarias.
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxes: guias.masmar.net e e-junior.net
Continuará...
0 comentarios