A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO V
Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.
5. Malta: Templo de Mnajdra
Mnajdra é un templo megalítico que se atopa na costa sur de Malta, a 500 m da estrutura homóloga de Ħaġar Qim. Atópase preto dun cantil e desde el é posible ver o illote de Filfla. Foi construído no 3000 a. C. e é, por conseguinte, unha das máis antigas estruturas autónomas do mundo, anterior mesmo ás pirámides de Exipto e a Stonehenge. Está composta por pedra calcaria de orixe coralino, a cal é moito máis forte que a do veciño Ħaġar Qim. En 1992, a Unesco declarou o conxunto de Mnajdra, xunto a outros catro sitios megalíticos no arquipélago de Malta, Patrimonio da Humanidade.
As moedas de 1, 2 e 5 céntimos representan estra estrutura megalítica.
Mañá outra moeda, outro país e máis coñecementos!
FONTE: Clara González Freyre/Verne/elpais.com e es.wikipedia.org
0 comentarios