BANDEIRAS DO MUNDO VI
Esta é a bandeira das Filipinas (República de Filipinas), un país insular situado no sueste asiático, sobre o océano Pacífico. Cunha poboación superior aos 88.000.000, a súa capital é Manila. O idioma oficial é o filipino (Tagalo) e o inglés, que conviven con 170 linguas autóctonas.
A bandeira de está composta por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor azul a superior e de vermello a inferior. No bordo máis próximo ao mastro figura un triángulo equilátero de cor branca que contén no seu centro un sol dourado ou amarelo con dezaseis raios que rodean a outro oito de maior grosor e tres estrelas do mesma cor con cinco puntas cada unha, situadas preto dos vértices do triángulo. A cor vermella da bandeira simboliza o sangue, o valor e a coraxe de quen loitaron pola independencia do país; o azul representa a unidade nacional e os ideais, e o branco é a cor da pureza e da paz. O sol representa o nacemento dunha nova era iniciada coa independencia do país. O oito raios do sol simbolizan ao oito provincias que iniciaron a revolta contra o dominio colonial español. O tres estrelas de cinco puntas representan o tres áreas xeográficas máis importantes das Illas Filipinas: Luzón, Visayas e Mindanao.
Mañá outra bandeira e outro país!
FONTE: gl.wikipedia.org
0 comentarios