CANTO SABES DE CANADÁ? XII
Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.
A contestación correcta á pregunta de onte é Inglés e Francés. Entre os idiomas que se falan en Canadá, só o inglés (que o fala o 90 % dos canadenses) e o francés (que o fala o 60 % da poboación) teñen status oficial. A constitución de Canadá en si recoñece dúas linguas oficiais, inglés e francés, e todas as actas constitucionais están en ambas as linguas. Destaca o inuit polo seu status oficial en Territorios do Noroeste, en Nunavut e en Nunavik, Quebec. Curiosamente o terceiro idioma máis falado é o español.
1. Inglés 2. Bilingúe (Inglés/Fracés) 3. Francés
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Cal é a moeda oficial de Candá?
- Libra esterlina
- Dólar americano
- Dólar español
- Dólar canadense
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e icambio.es
0 comentarios