Blogia
vgomez

OS INSECTOS COAS PICADURAS MÁIS DOLOROSAS DO MUNDO II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada aos insectos coas picaduras máis dolorosas do mundo.
BBVA-OpenMind-Yanes-Las picaduras mas dolorosas_3 Estas avispas son muy agresivas y suelen atacar en enjambre. Se incluyen en el máximo nivel del índice de Schmidt. Crédito: Draco Nguyen / 500px/Getty Images

Estas avespas son moi agresivas e adoitan atacar en enxame. Inclúense no máximo nivel do índice de Schmidt / Draco Nguyen / 500px/Getty Images

Avespa armadillo ou guerreira (Synoeca septentrionalis)

Unha avespa das chamadas armadillo ou guerreiras, habitante da América tropical, recibiu a honra de unirse ao nivel 4 do índice de Schmidt. Son avespas sociais que viven en grandes colonias cuxo niño de papel lembra pola súa aparencia a un armadillo. Tamén reciben o nome de avespas de percusión, porque cando senten perigo producen un son de tamborileiro rascando coas mandíbulas as paredes interiores do niño. Son moi agresivas e adoitan atacar en enxame, o que fai aínda máis temible a súa picadura, que Schmidt definiu como "Tortura. Estás encadeado no fluxo dun volcán activo", engadindo despois: “Por que comecei esta lista?

BBVA-OpenMind-Yanes-Las picaduras mas dolorosas_4 Esta avispa que caza arañas cangrejo gigantes alcanza el nivel 4 (la máxima puntuación) de la escala del biólogo molecular Sam Robinson. Crédito: Ken Griffiths / Alamy Stock Photo

Esta avespa que caza arañas cangrexo xigantes acada o nivel 4 (a máxima puntuación) da escala do biólogo molecular Sam Robinson / Ken Griffiths /Alamy Stock Photo

Avespa cazadora de arañas (Heterodontonyx bicolor)

O Índice Schmidt inspirou a outros para expandir o seu labor. Na Universidade de Queensland (Australia) o biólogo molecular Sam Robinson estuda as toxinas animais para buscar posibles usos biomédicos, e deixouse picar centos de veces. No top da súa lista, cun 4, figura unha temible avespa que caza as chamadas arañas cangrexo xigantes. Robinson describe a picadura como “autoritaria, fascinante e espantosamente poderosa”. Curiosamente, en terceiro lugar da súa lista, cun 3 (o segundo é o cempés Scolopendra morsitans, cun 3,5), sitúa non a un insecto, senón unha planta, o gimpi gimpi (Dendrocnide moroides), un infame arbusto coñecido como aguillón do suicidio pola insoportable dor que provoca: segundo Robinson, “é como unha visita ao dentista cando o trade toca o nervio”.

Continuará...

FONTE: Javier Yanes / bbvaopenmind.com/ciencia

0 comentarios