Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CANADÁ? XIII

Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte Dólar canadense. Canadá decidiu usar o dólar en lugar da líbra esterlina británica por mor da difusión do chamado dólar español ou peso en América do Norte durante o século XVIII e principios do XIX, e por mor da xeneralización do dólar estadounidense. A rexión que corresponde ao actual Quebec, en particular, favoreceu o uso do dólar (o Banco de Montreal emitiu billetes de dólares en 1817), mentres que as colonias atlánticas, que tiñan uns vínculos máis fortes co Reino Unido, non eran tan partidarias. A provincia de Canadá declarou que todas as contas faríanse en dólares o 1 de xullo de 1858, e ordenaron a emisión dos primeiros dólares canadenses oficiais ese mesmo ano. As colonias, que ao cabo de pouco tempo uniríanse na Confederación Canadense, adoptaron progresivamente un sistema decimal nos anos seguintes. Finalmente, o goberno aprobou a Uniform Currency Act (lei de unificación monetaria) en abril de 1871, que substituía as moedas das diversas provincias por un dólar canadense común a todas.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é o animal nacional e símbolo de Canadá?

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: debate.com.mx e es.wikipedia.org  

0 comentarios