CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS? XV
Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.
A contestación correcta á pregunta de onte é James Franklin Hyde. En 1824, o químico sueco Jöns Jacob Berzelius, quen se baseou na hipótese do químico francés Antoine Lavoisier con respecto aos óxidos metálicos e aproveitou os traballos do tamén químico inglés Humphry Davy, demostrou a estrutura da sílice, illando o silicio. Berzelius así obtivo o tetracloruro de silicio SiCl4 e o alemán Friedrich Wöhler o «silicio-cloroformo» SiHCl3 (triclorosilano); o francés Charles Friedel e o estadounidense James Crafts prepararon entre 1863 e 1866 os primeiros compostos de silicio-carbono por reacción do zinc dietilo Zn(C2H5)2 sobre o tetracloruro de silicio. En 1872 o alemán Albert Ladenburg foi o primeiro en observar a formación dun fluído de polisiloxano hidrolizado, o dietildietoxisilicio (C2H5)2 Si (OC2H5)2⋅ Con todo o interese diminuíu ata que a principios do século XX foron descubertos os polímeros da silicona polo químico inglés Frederic Stanley Kipping, a quen se considera un pioneiro no tema. Atopábase buscando elementos estereoisoméricos para poder obter un que fose compatible cos fluídos hidráulicos, o caucho sintético e, ademais, que fose capaz de repeler a auga. Buscaba que fose útil a industria bélica, xa que estaban en tempos de guerra, debido a que pretendía atopar unha forma de facer menos pesados os equipos e mellorar os lubricantes para as máquinas, os carros e os zapatos de soldados que estivesen na fronte de combate. Desde 1903, Kipping traballou en buscar novas técnicas para a síntese dunha variedade de compostos orgánicos en base a silicio. A estas novas substancias, chamounas siliconas e ao principio destináronse a lubrificar, en especial durante a Segunda Guerra Mundial. Comezáronse a obter industrialmente a partir de 1930. Frederic Kipping e Matt Saunders acuñaron a palabra silicona en 1901 para describir o polidifenilsiloxano. Tratando de combinar as propiedades dos compostos de carbono cos compostos de silicio, un investigador de Corning Inc. (EE.UU.), James Franklin Hyde inventou as siliconas en 1938. A empresa Dow Corning foi fundada en 1943 para explotar a invención que conduciu a un gran número de resinas, vernices, elastómeros e outros usos humanos, cuxo uso Kipping nunca se puido imaxinar. En 1949, cando morreu Kipping, xa publicara preto de 51 artigos sobre o tema.
E imos coa pregunta de hoxe!
15. Quen inventou o selo postal?
- Rowland Hill
- James Chalmers
- John Gault
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: corporate.dow.com e postalmuseum.si.edu
0 comentarios