CÓCTEL DE SABERES V
A contestación a pregunta de bioloxía de onte é Polo seu estudo sobre os primates en Tanzania. Jane Goodall (Londres, 1934) está especializada no estudo dos primates e é considerada a maior experta en chimpancés do mundo. Esta primatóloga, etóloga e antropóloga, pasou varios anos convivindo con eles no Parque Nacional Gombe Stream en Tanzania, descubrindo que os chimpancés salvaxes eran capaces de utilizar ferramentas, o que axudou a ampliar os datos sobre as capacidades cognitivas animais. Goodall tamén é mensaxeira da paz da ONU e fundadora do instituto que leva o seu nome.
E imos coa pregunta de hoxe!
5. Matemáticas. Quen crearon o número 0?
- Os indios
- Os árabes
- Os romanos
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios