Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE APICULTURA? VII

Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.

A contestación correcta á pregunta de onte é Si, pode levar máis dunha, xeralmente virxes. A saída do enxame é un momento impresionante. Miles e miles de abellas saen a toda velocidade da colmea e botan a voar en círculos. Cada vez son máis e van conformando unha nube que se espesa e nubla o ceo. O enxame vai composto por varios miles de obreiras que cargan nas súas buches con mel para uns días. Moitas levan, ademais, pole nas patas que non puideron descargar na colmea. Ao ir cheas de comida, as abellas teñen dificultade para utilizar os seus aguillóns. Por ese motivo, os enxames non adoitan picar. Viaxan tamén co grupo unhas decenas de zánganos e, por suposto, a raíña antiga, que abandona así a súa colonia para ir formar outra, aínda que poden ir tamén algunha reina máis xeralmente virxes. Cando a raíña está tamén en voo, as exploradoras empezan a chamar ao enxame desde un punto concreto. Será o primeiro lugar de parada. Para informar de onde debe concentrarse a familia, as exploradoras abren a chamada glándula de Nassanof, que ocultan no seu abdome. Ao abrilo e liberar esta glándula, emítese ao aire unha sustancia olorosa que as abellas recoñecen como o cheiro da súa colmea. Este transmisor químico espárcese polo aire e é rapidamente captado polo enxame, que, en cuestión de minutos, póusase no punto elixido polas exploradoras, que adoita estar a poucos metros da colmea de partida. En ocasións, e sen que os motivos estean claros, a saída falla. As abellas non se pon de acordo para tomar unha dirección concreta e, aos poucos, volven á colmea da que saíron. Outras veces coincide a saída simultánea de dous enxames que se mesturan no aire e frecuentemente póusanse no mesmo lugar, uníndose nun só de gran tamaño. Nestes casos, as dúas raíñas haberán de loitar para decidir cal queda co dominio desa nova familia resultante da fusión. Unha vez que o enxame se pousou, prodúcese o momento máis coñecido e vistoso: a formación da piña de abellas. Si é unha rama, colgarán dela como unha auténtica piña feita de miles de insectos.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Que indica o índice HMF?

- A presenza de pole no mel

- O nivel de frescura do mel

- O grao de pureza do mel

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: apiculturaymiel.com          Imaxe: melisalut.es

0 comentarios