Blogia
vgomez

BANDEIRAS DO MUNDO

 

Esta é a bandeira de Afganistán (República Islámica de Afganistán), un país sen saída ao mar, ubicado xeograficamente na Asia Central. Ten 31 millóns de habitantes e a súa capital é Kabul. As linguas oficiais son o pastún e o darí (persa).

A bandeira consta de tres franxas verticais en cores negro, vermello e verde, incluíndo no centro o escudo de Afganistán en cor branca. Estas cores nacionais, usadas por vez primeira en 1928, representan o pasado, a loita independentista e o progreso, respectivamente. No escudo aparece representada unha mesquita (con dúas bandeiras) co minbar e o mihrab sobre a que se sitúa o takbir (الله أكبر, Allahu Akbar, "Alá é grande"), un pequeno sol nacente e a shahada; debaixo aparece o ano 1298 do calendario persa (equivalente a 1919 do noso calendario gregoriano, proclamación da independencia) e a palabra افغانستان (Afganistán) nunha cinta que entrelaza a coroa de espigas de trigo.

Mañá outra bandeira e outro país!

FONTE: gl.wikipedia.org

0 comentarios