Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ANDORRA? VIII

Continúo coa serie adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège.

A contestación correcta á pregunta de onte é Canillo. Esta é a parroquia máis extensa con 120,86 km². A máis poboada é a capital Andorra a Vella con 22.250 habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!



8. Cal é o punto máis alto de Andorra?

- Comapedrosa

- Entravessada

- Portelleta

- Medacorba

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios