Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Aprende a distinguir entre 'fora' e 'fóra'

Aquí tes o truco para diferenciar fóra e fora!

#DígochoEu

CANTO SABES DE CAMERÚN? V

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é 450.000 km2. Exactamente 475.440 km2. Para que te fagas una idea a súa extensión é similar á de Turkmesistán con 488.100 km2 e preto da de España 505.944 km2. 

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é, aproximadamente, a poboación de Camerún? 

- 25 millóns

- 26 millóns

- 27 millóns

- 28 millóns

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: exteriores.gob.es e datosmacro.expansion.com   Imaxes: es.wikipedia.org e Kepseu/Xinhua/english.news.cn

CANTO SABES DE CAMERÚN? IV

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é Yaundé. Alcumada a "cidade dos sete outeiros", é a capital do Camerún desde 1922. Poboada por aproximadamente 2,5  millóns de habitantes (2023), é a segunda máis poboada do país, tras Douala, acollendocolle a maioría das institucións máis importantes do Camerún. Outro nome de Yaundé é Ongola. 

 

E imos coa pregunta de hoxe! 

4. Cal é, aproximadamente, extensión de Camerún?   

- 400.000 km2

- 450.000 km2

- 550.000 km2

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: eswikipedia.org   Imaxes: himbatours.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE CAMERÚN? III

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é c. A saber…

 

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a capital de Camerún?

- Douala

- Yaundé

- Garua

- Bamenda

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: gl.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Ándache Esther ben atoallada!

Atoallado é unha palabra correcta en galega, pero nada ten que ver con toalla!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *minusválido

*Minusvalido. Esta expresión é incorrecta en galego ❌ Contámosche cal é o termo que debes empregar!

#DígochoEu

CANTO SABES DE CAMERÚN? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é b. Limita ao oeste e o norte con Nixeria, ao noroeste co Chad, ao leste coa República Centroafricana, ao sur coa República do Congo, Gabón e Mbini (Guinea Ecuatorial). A costa de Camerún atópase na enseada de Bonny, parte do golfo de Guinea e o océano Atlántico.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

1. Cal é a bandeira de Camerún

 

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: exteriores.gob.es e es.wikipedia.org   Imaxes: ecured.cu e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE CAMERÚN?

Adóitase dicir que Camerún é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

Este país de África central. O país recibe o seu nome de man dos portugueses. No século XV denominárono Río dous camaroes, en referencia á gran cantidade destes crustáceos que atoparon nos seus ríos. Máis tarde, os ingleses rebautizárono Cameroon.

Queres coñecer este país? Si! Pois imos aló!

1. Límites de Camerún...

a. Limita ao sur con Guinea Ecuatorial. Ao leste limita coa República Centroafricana, ao noroeste con Chad e ao oeste con Nixeria.

b. Limita ao oeste e o norte con Nixeria, ao noroeste co Chad, ao leste coa República Centroafricana, ao sur coa República do Congo, Gabón e Mbini (Guinea Ecuatorial). A costa de Camerún atópase na enseada de Bonny, parte do golfo de Guinea e o océano Atlántico.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: exteriores.gob.es e gl.wikipedia.org   Imaxes: himbatours.com e es.wikipedia.org