CANTO SABES DE CAMERÚN? IV
Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.
A contestación correcta á pregunta de onte é Yaundé. Alcumada a "cidade dos sete outeiros", é a capital do Camerún desde 1922. Poboada por aproximadamente 2,5 millóns de habitantes (2023), é a segunda máis poboada do país, tras Douala, acollendocolle a maioría das institucións máis importantes do Camerún. Outro nome de Yaundé é Ongola.
E imos coa pregunta de hoxe!
4. Cal é, aproximadamente, extensión de Camerún?
- 400.000 km2
- 450.000 km2
- 550.000 km2
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: eswikipedia.org Imaxes: himbatours.com e es.wikipedia.org
0 comentarios