Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS? III

Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.

A contestación correcta á pregunta de onte é Johannes Gutenberg. Johannes Gensfleisch zur Laden zum Gutenberg (nome real Johannes Gensfleisch), (1398-1468), foi un orfebre alemán, inventor da prensa de imprenta moderna con tipos móbiles, ala polo 1450. O seu traballo máis recoñecido é a Biblia de 42 liñas (refírese ao número de liñas impresas en cada páxina), que se considera o primeiro libro impreso con tipografía móvil.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Quen inventou e patentou a máquina de vapor?

-  Thomas Savery

- James Watt

- Thomas Newcomen

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: elplural.com e es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org e expasión.com

0 comentarios