Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS?

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS?

Unhasorprendente anemone de mar preséntanos ao seu "invitado". Rexión de Ngemelis, Palau, Pacífico Sur. Unha das fotos gañadoras do concurso fotográfico da ONU sobre os océanos / Foto: Michael Gallagher

O pasado día 8 de xuño, celebrouse o Día Mundial dos Océanos. Os océanos desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

Os océanos albergaron aos primeiros seres vivos hai uns 3.500 millóns de anos. Só cando as condicións en terra firme foron as adecuadas para non morrer abrasados pola radiación, moitos destes seres vivos cambiaron o hábitat acuático por un terrestre. Cinco son os océanos que bañan o noso planeta: o Pacífico, o Atlántico, o Índico, o Ártico e o Antártico, ocupando unha boa parte del, máis de máis de 360.132.000 km². Non en balde, á Terra coñécella como o “planeta azul”.

Habitamos un planeta azul, pero sabemos moi pouco das súas augas. Tanto é así que visitamos máis veces a Lúa que o fondo do mar. Destínase máis diñeiro á exploración espacial que á oceánica e iso que con esta última non só obtemos coñecemento, que tamén, senón que, grazas a esta análise os científicos poden predicir, por exemplo, cambios climáticos e meteorolóxicos a longo prazo. Tamén permite explotar de maneira máis eficiente os recursos do planeta, o que á súa vez se traduce nunha mellor xestión do medio ambiente en xeral.

Na actualidade os océanos están seriamente ameazados. A sobrepesca que pode acabar esquilmando especies, os refugallos plásticos que acaban nos mares e que se van degradando co tempo converténdose en perigosos  microplásticos que os animais e nós mesmos inxerimos e as emisións de carbono que fan que as augas se acidifiquen e quenten, contribuíndo á destrución da fauna, a perda de hábitats naturais e a subida do nivel do mar, son os principais inimigos aos que se enfrontan os océanos e que nos urxe afrontar coa máxima celeridade posible.

Propóñoche averiguar canto sabes sobre os océanos. No te preocupes se non sabes moito, seguro que algo novo aprendes. Anímaste? Pois empezamos!

1. Canta auga hai na Terra?

- Aoredor dun 41 % da superficie terrestre é auga.

- Ao redor dun 51 % da superficie terrestre é auga.

- Ao redor dun 71 % da superficie terrestre é auga.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza

0 comentarios