Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XAPÓN? V

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.   

A contestación correcta á pregunta de onte é Tokio. Situada no centro leste da illa de Honshu, a maior illa do arquipélago concretamente na rexión de Kantō. É actualmente a cidade máis poboada do mundo, cunha poboación duns 37 millóns de habitantes.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

 

5. Tokyo, como dixemos, é a cidade máis poboada de Xapón. Ordena as seguintes cidades xaponesas segundo a súa poboación de maior a menor.

- Nagoya

- Osaka

- Hiroshima

- Sapporo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: embajadadejapon.org

0 comentarios