CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XX
Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.
Á resposta á pregunta de onte é Si. A resposta máis realista, que avalan moitos científicos, parece ser afirmativa. O obxectivo da humanidade, para mitigar os efectos do cambio climático, é deixar de usar os combustibles fósiles, pero isto non pode facerse da noite á mañá. Por iso, debemos usar a enerxía nuclear para reducir ao mínimo a cantidade de enerxía que obtemos mediante estas fontes contaminantes.
E imos coa pregunta de hoxe!
20. A enerxía nuclear ten a súa parte negra. A bomba lanzada sobre Hiroshima, chamada Little Boy, foi construída con uranio-235, un isótopo do uranio. En que fecha foi lanzada?
- 6 de xuño de 1945
- 6 de xullo de 1945
- 6 de agosto de 1945
- 6 de setembro de 1945
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e es.wikipedia.org Imaxe: milenio.com
0 comentarios