Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XXI

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é 6 de agosto de 1945. A mañá do luns 6 de agosto de 1945, a bomba Little Boy foi lanzada ás 08:15 da mañá de Hiroshima e alcanzou en 55 segundos a altura determinada para a súa explosión, aproximadamente 600 metros sobre a cidade. Debido a ventos laterais fallou o branco principal, a ponte Aioi, por case 244 metros, explotando xusto encima da Clínica cirúrxica de Shima. A detonación creou unha explosión equivalente a 16 quilotóns de TNT.​ Estímase que instantaneamente a temperatura elevouse a máis dun millón de graos centígrados, o que incendiou o aire circundante, creando unha bóla de lume de 256 metros de diámetro aproximadamente.

E imos coa última pregunta da serie!

21. A enerxía nuclear é limpa e renovable.

- Si

- Non

- Depende da quen llo preguntes

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios