CANTO SABES DE CAMERÚN? V
Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.
A contestación correcta á pregunta de onte é 450.000 km2. Exactamente 475.440 km2. Para que te fagas una idea a súa extensión é similar á de Turkmesistán con 488.100 km2 e preto da de España 505.944 km2.
E imos coa pregunta de hoxe!
5. Cal é, aproximadamente, a poboación de Camerún?
- 25 millóns
- 26 millóns
- 27 millóns
- 28 millóns
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: exteriores.gob.es e datosmacro.expansion.com Imaxes: es.wikipedia.org e Kepseu/Xinhua/english.news.cn
0 comentarios