Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CAMERÚN? VII

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é Monte Camerún. Tamén chamado Fako e Mongo ma Ndemi ("monte da grandeza") é un volcán activo, sito na provincia do Suroeste no Camerún. A súa altura acada os 4.095 metros sobre o nivel do mar. É o cume máis elevado do país e da África Occidental subsahariana. 

 

E imos coa pregunta de hoxe! 

7. Cal é o río mais grande que discorre intregramente por Camerún?

- Logone

- Benue

- Sanaga

- Nyong

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: fpopulationpyramid.net/es e es.wikipedia.org

0 comentarios