CANTO SABES DE GALICIA XV
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é A. A Lei 5/1984 de 29 de maio de 1984 da Xunta de Galicia regulou a actual bandeira galega. Nela lexíslase que a bandeira de Galicia terá unha lonxitude igual a tres medios do seu ancho. É branca, cunha banda azul celeste dun ancho equivalente á cuarta parte do da bandeira, que a atravesa dende a parte superior á hasta, cara á parte inferior ao batente.
E Imos coa pregunta de hoxe!
15. O actual Presidente da Xunta de Galicia é Alberto Núñez Feijóo, que fai o número 7, pero cal foi o primeiro presidente da etapa preautonómica?
- Manuel Fraga Iribarne
- José Quiroga
- Xerardo Fernández Albor
- Antonio Rosón Pérez
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: elpais.com
0 comentarios