CANTO SABES DE CAMERÚN? VI
Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.
A contestación correcta á pregunta de onte é 28 millóns. Exactamente 28.647.292 habitantes. A modo comparativo, ten una poboación similar á de Costa do Marfil (28.873.030) e case a metade do noso país (48.692.804)
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Cal é o punto máis alto de Camerún?
- Monte Oku
- Monte Alantika
- Monte Camerún
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: fpopulationpyramid.net/es e es.wikipedia.org
0 comentarios