CANTO SABES SOBRE APICULTURA? XIV
Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.
A contestación correcta á pregunta de onte é Mel elaborado a partir das secrecións vexetais e animais. Para facer o mel, as abellas utilizan o néctar que segregan as flores. Isto é así de forma xeral, pero hai algúns meles que non proceden do néctar das flores, ou non só do néctar. Trátase dos meles de melada, a miúdo denominadas meles de melato, rocío de mel, ligamazas e tamén meles de bosque. Hai dous tipos principais de melada ou mela: Melada de orixe vexetal (Son consecuencia dunha gran cantidade de humidade no terreo e de altas temperaturas. As plantas xeran tanta savia que rezuma por diferentes partes, especialmente polos peciolos. Árbores como o carballo, a aciñeira, o al, o piñeiro, o tilo, o olmo ou o salgueiro son habitualmente produtores de meladas. De feito, é moi frecuente ver no verán como as landras de carballos ou aciñeiras segregan grandes cantidades de melada en forma de espuma que as abellas recollen ávidamente) e Melada de orixe animal (Estes melatos son producidos por pequenos insectos, como pulgóns ou psilas, que se alimentan da savia de árbores e plantas. Consumen grandes cantidades de savia para aproveitar o seu contido en proteínas e azucres e, despois, excretan unha parte que se acumula sobre follas e ramas. Esas excrecións, líquidas ou espesas, conteñen unha boa parte dos carbohidratos da savia, co que resultan moi atractivas para as abellas, que as recollen e transforman en mel).
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
14. Cal é o mel máis caro do mundo?
- A de manuka (Leptospermum scoparium)
- A de ulmo (Eucryphia cordifolia)
- O mel Centaury, de Turquía
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: apiculturaymiel.com Imaxe: ecodiario.eleconomista.es
0 comentarios