Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: ESTAR SEN BRANCA

A orixe desta expresión podemos remontalo a 1386, cando Juan I de Castela crea unha moeda de vellón (aliaxe de cobre e prata) que se chamará “Branca do Agnus Dei” con motivo do pago dunha débeda contraída co Duque de Lancaster (en realidade, un pago para que o duque renunciase aos seus dereitos sobre o trono de Castela a cambio de 465.000 dobras).


 
Esta moeda tiña en principio un valor de 1 maravedí, pero írase rapidamente devaluando debido á súa mala aliaxe, pasando en menos dun ano a 0,60 maravedís, e así continuamente. 

Seguiría acuñándose e devaluándose, até o punto de que se eliminará a prata da súa composición e só se fará de cobre, co que o seu valor será case insignificante.

Xa en tempos de Felipe II esta moeda tiña moi pouco valor co que, coñecida como a «branca», ao dicir «non teño nin branca» significaba que o diñeiro escaseaba e así chegou ata os nosos días.

FONTE: aulafacil.com          Imaxes: horchataypalomitas.com e canalhistoria.es

0 comentarios