CANTO SABES SOBRE APICULTURA? XIII
Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.
A contestación correcta á pregunta de onte é Un ácaro. A varroa é un xénero de ácaros que produce a enfermidade denominada varroose ou tamén chamada varroase. Este ácaro é un ectoparásito (parásitos externos), forético obrigado das especies de abellas Apis mellifera e Apis cerana reproducíndose sobre os seus estadios larvais e pupais (cría aberta e operculada). Foi descrito por A. C. Oudemans en 1904, dedicando o nome xenérico a Marco Terencio Varrón e a E. Jacobson (o colector) o nome específico. Despois de 100 anos pescudouse que o ácaro que atacaba Apis mellifera era diferente ao descrito por Oudemans para Apis cerana na illa de Xava, (Indonesia). Tamén afecta a abella en estado adulto vivindo en estado forético sobre ela. Críase que o ácaro absorbía a hemolinfa do insecto diminuíndo a súa masa corporal (peso). Recentemente na investigación de Ramsey establécese que os ácaros Varroa aliméntanse principalmente do tecido corporal graso da abella melífera, un órgano nos insectos que cumpre unha función similar ao fígado humano. En estado larval é máis crítico debido a que os adultos nacen con menos do 30 % de peso dun adulto non parasitado.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Que é a melada?
- Un refugallo da produción do mel
- Mel elaborado a partir das secrecións vexetais e animais
- Un mel típico do norte de Brasil
Mañá a solución e última pregunta da serie!
FONTE: apiculturaymiel.com e es.wikipedia.org Imaxe: pajueloapicultura.com/P.Lobez
0 comentarios