Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? VII

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é MetamórficaA lousa é unha rocha metamórfica homoxénea de gran fino formada pola compactación por metamorfismo de baixo grao de lutitas. Preséntase xeralmente de cor opaca azulado escuro e estruturada en laxas ou follas planas por unha esquistosidade ben desenvolvida, sendo, por esta característica, utilizada en cubertas e como antigo elemento de escritura.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Que é máis resistente, un diamante ou unha circonita?

- Un diamante

- Unha circonita

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org  

0 comentarios