CANTO SABES SOBRE OS POLBOS? IV
Continúo coa serie adicada aos polbos, considerados entre os animais máis intelixentes da fauna e un dos animais máis enigmáticos do océano... ou do espazo exterior...
A contestación correcta á pregunta do día anterior é Quitóns. A pesar de que algunhas especies carecer de cuncha, o dos quitóns é outro grupo do filo dos moluscos: os poliplacóforos, tamén coñecidos como cascudas de mar. O dos cefalópodos é un grupo máis variado no que se inclúen as sepias, as luras, os náutilos, auténticos fósiles viventes -na imaxe - e os polbos. O seu nome procede das voces gregas kephalé e podós, que vén significar algo como os pés na cabeza.
E imos coa pregunta de hoxe!
4. E se, os polbos son iso: cabeza e patas. O que nos podería levar a pensar que os polbos son os animais co cerebro máis desenvolvido do grupo dos invertebrados. Dirías que esta afirmación é...
- Verdadeira
- Falsa
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: nationalgeographic.com.es/naturaleza Imaxe: David Liittdschwagwer/National Geographic
0 comentarios