CANTO SABES DE GALICIA XXII
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Francisco Asorey González. Nado en Fefiñáns, Cambados (Pontevedra) o 4 de marzo de 1889 e finado en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1961, comunmente citado como Asorey, foi considerado por algúns críticos como unha das figuras mais relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX. Está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres.
E imos coa pregunta de hoxe!
22. Con cantas rexións vitivinícolas conta Galicia?
- 4
- 5
- 6
- 7
Maná a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: sientegalicia.com
0 comentarios