CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? II
Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.
Á resposta á pregunta de onte é Fisión. A fisión nuclear (separación, desintegración, división). Nesta división tamén se liberan neutróns, que poden bombardear á súa vez a máis núcleos atómicos próximos e repetir o proceso. Esta última é a que se coñece como reacción en cadea. Este proceso libera grandes cantidades de enerxía.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. A fisión é a reacción física na que se basea o funcionamento das centrais nucleares. Pero, que é a fusión?
- O proceso polo cal, a temperaturas elevadísimas, realízase a unión de dúas ou máis núcleos lixeiros para dar lugar a átomos máis pesados.
- O proceso polo cal, a temperaturas baixísimas, realízase a unión de dúas ou máis núcleos lixeiros para dar lugar a átomos máis pesados.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios