Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: MONTAR UN POLO



Montar un polo é unha expresión cuxo significado non necesita demasiada explicación. Dicimos que alguén nos monta un polo cando nos rifa de forma esaxerada chamando a atención de todo o mundo. Con todo, non parece que haxa moita relación entre unha boa rifa e un animal de granxa. De feito non hai ningunha. E é que, o polo que montamos cando rifamos a alguén non se escribe polo, senón poio. O seu significado, por tanto, nada ten que ver co animal e si coa palabra podio, do latín podium.

E volvendo á expresión montar un polo, a súa orixe está nos oradores do século XIX que montaban un pequeno podio portátil nas prazas e paseos para falar aos cidadáns de política.

A política sempre foi un tema delicado cando se trata entre persoas que non se coñecen e que, seguramente, teñen ideas moi diferentes. O que empezaba como un san debate sobre as medidas do partido gobernante, ou sobre as ideas da oposición, adoitaba terminar de viva voz, con insultos e ata con golpes e puñadas. En resumo, que cada vez que se colocaba un podio portátil, tanto o orador como os oíntes terminaban montando un bo polo.

Como curiosidade, no famoso parque de Londres; Hyde Park, existe un destes podios onde os cidadáns poden acudir a compartir as súas ideas co mundo. A este lugar coñéceselle como Speakers’ Corner (recuncho do orador) e podería dicirse que é o Twitter do século XX.

FONTE: lapaginanumerotrece.es    Imaxe:blogs.20minutos.es

0 comentarios