Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: TIRAR A CASA POLA VENTÁ

A expresión tirar a casa pola ventá utilízase para describir unha situación na que se realiza un gran dispendio ou malgasto. A súa orixe hai que buscalo en 1763, cando o rei Carlos III creou a lotería en España. Os agraciados de entón tiñan por costume lanzar os mobles e obxectos vellos pola xanela.

Esta tradición estendeuse por outros paises europeos. Na actualidade séguese practicando no sur de Italia, onde chegou de man dos Borbóns. Iso si, non o fan cando resultan premiados pola lotería senón para celebrar o fin de ano. A finalidade é a mesma: mostrar o seu desexo de desposuírse do vello para adquirir cousas novas.

FONTE: M.G./lasprovincias.es

0 comentarios