Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: CARGAR CO MORTO

 

Segundo as leis medievais, cando na xurisdición dunha localidade era achado o corpo dalgunha persoa morta en circunstancias estrañas, se non era posible determinar a identidade do homicida, o pobo onde fora atopado o corpo estaba obrigado a pagar unha multa chamada homicidium ou omecillo.

Por mor disto, e co fin de eludir o pago da multa, cando se achaba un morto nas rúas, os habitantes do pobo en cuestión apresurábanse e, de común acordo, levantaban o corpo e trasladábano a algunha localidade veciña, de maneira que a responsabilidade do crime recaese sobre esta e, en consecuencia, fóra ela a que debese facerse responsable de pagar a multa correspondente.

Co tempo, o dito comezou a aplicarse, en sentido figurado, como equivalente da pretensión de descargar sobre outro a culpa por algún delito ou falta cometida.

Na actualidade, o dito cargar co morto conserva o mesmo valor, aínda que adoita aplicarllo, preferentemente, para referir á responsabilidade que lle cabe a alguén no pago dalgunha débeda, sobre todo cando se trata de contas impagas ou difíciles de saldar, como cando adoitamos dicir logo dunha reunión de numerosos comensais: "E agora... quen levanta este morto?

FONTE: hemerotecamundial.blogspot.com

0 comentarios