DESMONTANDO OS MITOS MÁIS PERSISTENTES SOBRE ANIMAIS (IV)
Continúo coa serie adicada algúns dos mitos máis persistentes sobre animais e enfrontámolos coa evidencia científica. Porque entender o mundo animal tamén implica desaprender o que criamos saber.
O elefantes non teñen cemiterios secretos / Pixabay
Mito 4: …E teñen cemiterios aos que van morrer
O mito do cemiterio de elefantes comezou probablemente coa colonización branca do continente africano, cando o marfil era un dos seus tesouros máis prezados. Entre os cazadores comezou a circular o rumor da existencia dun lugar ao que os elefantes acudían, separándose da manda, cando sentían próxima a hora da súa morte. Este cemiterio natural, obviamente, albergaría unha verdadeira fortuna en cabeiros.
Custa un pouco crer que, de ser isto verdade, só haxa un cemiterio en todo o continente africano; pero, mesmo se fosen varios, ninguén foi nunca capaz de atopar un. Si se atoparon restos de varios exemplares que parecen falecer xuntos nun curto período de tempo, pero hai explicacións para este achado: cando os elefantes envellecen, os seus dentes desgástanse, e é común que se trasladen ás zonas onde a herba e as plantas son máis brandas e fáciles de masticar.
En tempos de escaseza, unha manda pode reunirse nunha zona onde hai algo de comida, aínda que non a suficiente como para impedir que todos vaian morrendo de inanición. Por iso, os seus restos, en ocasións, aparecen xuntos.
Os elefantes teñen unha gran memoria (isto non é un mito!) e lembran perfectamente todos os enclaves do seu territorio, desde as zonas de descanso ás de alimentación ou os lugares nos que se pode atopar auga. Pero no seu gran cerebro non hai implantado ningunha instrución sobre un único lugar específico onde achegarse a morrer.
Continuará!
FONTE: Vicente Fernández de Bobadilla/muyinteresante.com
0 comentarios