Blogia
vgomez

OS 10 ANIMAIS MÁIS INTELIXENTES DO MUNDO (III)

Contúo coa listaxe dos 10 animais máis intelixentes do mundo, tendo en conta que a intelixencia non é exclusiva do ser humano. O reino animal está integrado por ao redor dun millón de especies diferentes e algunhas delas teñen habilidades cognitivas asombrosas. E non só instintivas, tamén racionais. Memoria, sentimentos, emocións, resolución de problemas de pensamento, entendemento ou razoamento, consecución de obxectivos, adaptación á contorna, capacidade de comprensión, calidades comunicativas… Algúns animais teñen mesmo conciencia de si mesmos.

3. Elefante



A expresión “ter memoria de elefante” ten a súa explicación. Este animal ten unha extraordinaria capacidade para memorizar e lembrar. Crean interaccións moi complexas dentro do grupo e son moito máis empáticos entre eles que os seres humanos. Teñen o cerebro máis grande de todos os animais terrestres, e tantas neuronas como o ser humano. Tamén pasan a proba do espello, así que son conscientes de si mesmos. Son capaces de utilizar ferramentas da natureza e, como os humanos, limpan os alimentos antes de consumilos. Teñen gran capacidade de aprendizaxe e mostran comprensión e compaixón cara os seus conxéneres, e mesmo cara a especies máis pequenas en tamaño.

Mañá seguiremos!

FONTE: Ramón Díaz/farodevigo.es

0 comentarios