TEST: CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL (e XV)
Gato e rato/ Imaxe:tucucu.com
A contestación á decimo cuarta pregunta do test é: 48 km/h.
Un gato cun peso normal (sen sobrepeso) pode chegar a alcanzar unha velocidade de 48 quilómetros por hora. Por comparar cos seres humanos, o corredor olímpico Usain Bolt, por exemplo, non chega aos 38 quilómetros.
Aquí remato este test que espero que axudase a coñecer curiosidades do mundo animal.
FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante/Natureza
0 comentarios